Para receber, na véspera, o link da sessão Zoom, inscreva-se aqui.
Março, 16, 12 h – 13 h
Catedrática xubilada de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi, nesta universidade, Secretaria dos Cursos de Lingua e Cultura española para estudantes estranxeiros e do Instituto de idiomas, Directora do Servizo de Publicacións, Vicerreitora de Profesorado e Decana da Facultade de Filoloxía. Coordinou o Máster en Estudos medievais europeos: imaxes, textos, contextos, e o Programa de Doutoramento en Estudos Medievais. Dirixiu a Escola de Doutoramento en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, e coordinou o grupo de investigación GI-1350 da USC, ademais da Rede de estudos medievais interdisciplinares, subvencionados ambos pola Xunta de Galicia.
Dirixiu unha decena de proxectos de investigación do Plan Nacional e varios de carácter autonómico, ademais do proxecto Lírica galego-portuguesa, que se desenvolve no CRPIH (codirixido desde 2014 pola Prof.ª Pilar Lorenzo) e cuxos principais resultados son as bases de datos MedDB, BiRMED e PalMed, todos eles disponibles en www.cirp.gal.
Organizou varios congresos internacionais e dirixiu (ou codirixiu) máis de quince teses de doutoramento.
Formou parte de numerosos comités de avaliación (de docencia e de investigación) tanto nacionais como autonómicos, e presidiu algúns deles. Colaborou tamén con axencias de avaliación doutras comunidades autónomas e doutros países, e forma parte do comité científico de moitas revistas da súa especialidade.
As súas liñas de investigación máis destacadas son: a) procedementos de formación de palabras, b) morfosintaxe románica, c) literatura románica medieval. Esta ocupa un lugar prioritario nas últimas décadas, nas que se ocupou de lírica trovadoresca, CSM, narrativa breve… A curto e medio prazo, os seus obxectivos están relacionados directamente coas bases de datos da lírica galego-portuguesa.
É autora dunha ampla bibliografía.
Se quiser receber regularmente informações sobre os Encontros Filologia CLUL, inscreva-se na nossa lista de e-mail.
We use cookies to improve your experience and to help us understand how you use our site. Please refer to our cookie notice and privacy policy for more information regarding cookies and other third-party tracking that may be enabled.
© 2020 Grupo de Filologia do Centro de Linguística da Universidade de Lisboa